Verduras y hortalizas de la A a la Z:
Verza ou repolo

Calendario de temporada
Suxestións para os pequenos
Un prato de repolo con pataca cocida ten moi pouco de atractivo para os máis pequenos. A cor do prato é moi uniforme e está moi marcado o sabor forte do repolo. A iso súmase o feito de que a cocción destas verduras produce cheiros fortes e para moitas persoas desagradables. Unha opción para que guste aos máis pequenos é servila acompañada de diversas salsas que suavicen o seu aroma e sabor (bechamel, un pouco de maionesa, salsa de queixo, etc.) ou salteadas con trocitos de xamón, pavo ou outros derivados cárnicos.
Tamén se pode incluír algún anaco de repolo en pratos de legumes ou arroz ou pasta. Desta forma, o neno familiarízase co cheiro, o sabor e o aspecto destas verduras. Así mesmo, cortada moi fina en ensalada xunto con outras verduras pintorladas (zanahoria, tomate en dados pequenos, etc.), palitos de peixe, gambas... e cunha salsa maionesa ou salsa rosa obterase un prato moi apetecible.
