Ir o contido principal
03

Consellos e técnicas culinarias

Consejos y técnicas culinarias :: O cultivo dos vexetais

O cultivo dos vexetais

As circunstancias que se dean no cultivo das hortalizas inflúen na súa composición. As hortalizas teñen esixencias específicas con relación á luz que reciben. Unha penetración escasa ou unha intensidade deficiente da luz provoca un crecemento raquítico da planta, coa conseguinte variación no contido de nutrientes. Unha excesiva penetración ou intensidade de luz produce queimaduras dos froitos e causa acumulación de almidón nas follas.

A maior ou menor dispoñibilidade para a planta dos nutrientes do solo está determinado polo seu pH ou acidez. Por exemplo, un pH de 4,5 a 6,5 permite absorber ferro e entre 7,0 e 8,5 permite absorber molibdeno.

A fertilización é outro factor fundamental e está relacionada coas condicións climáticas. Se hai choivas prolongadas, intensas ou repetidas, prodúcese un lavado de nutrientes do solo que inflúe na súa presenza nos vexetais (nitróxeno, potasio e magnesio son moi sensibles ao lavado).