Hortalizas e verduras fermentadas e germinadas

Nutritivas, fáciles de dixerir e moi versátiles
A col, o nabo, a remolacha, os pepinos e outras verduras fermentadas, así como os brotes ou germinados vexetais, son alimentos que algúns consumidores están a incorporar á súa dieta movidos pola curiosidade, os desexos de cambio e variación das comidas ou pola convicción de que estes produtos achegan vantaxes á súa saúde.
En realidade, fermentación e germinación realizábanse xa en épocas remotas co obxecto de aumentar o tempo de conservación de certos alimentos. O que se buscou nos últimos tempos é obter produtos cun valor engadido nas súas propiedades culinarias e nutritivas.
Os alimentos fermentados e germinados poden enriquecer moitos dos nosos pratos habituais e axúdannos a manter unha alimentación equilibrada, completa, saudable e saborosa.
