Ir o contido principal
06

Coñezamos algo máis sobre as hortalizas e verduras

Conozcamos algo más sobre las hortalizas y verduras :: Hortalizas de cultivo ecolóxico

Hortalizas de cultivo ecolóxico

Nos últimos anos tivo lugar un crecemento espectacular na produción e demanda de alimentos de cultivo ecolóxico, sobre todo de produtos frescos. Entre eles destacan as hortalizas frescas.No ano 2016 o 5,7% da superficie agraria útil de España utilizouse para terras de cultivo ecolóxicos.

Os consumidores están cada día máis preocupados por protexer a súa saúde e polo coidado do medio ambiente e, a pesar de que en España a información sobre a alimentación ecolóxica é de escasa difusión, unha parte moi importante da poboación xa se interesa por este tipo de alimentos.

Segundo o Codex Alimentarius, defínese a agricultura ecolóxica como "un sistema de ordenación da produción que promove e mellora a saúde do sistema agrario, con inclusión da biodiversidade, os ciclos biolóxicos e a actividade biolóxica do solo". En definitiva, trátase dun sistema de produción de alimentos máis respectuoso co medio ambiente porque favorece a biodiversidade dos ecosistemas, diminúe a contaminación de solos e augas e contribúe de maneira importante a reforzar o sistema agroalimentario. O principal valor engadido dos produtos ecolóxicos é o seu respecto ao medio ambiente e o seu compromiso co desenvolvemento sostible. Segundo diferentes organismos nacionais e internaciones do sector agroalimentario e da saúde, os aspectos máis destacables dos produtos ecolóxicos son:

Vantaxes das hortalizas de produción ecolóxica

  • Ausencia de restos de pesticidas de sínteses.

  • A súa produción require de maior man de obra que a produción convencional, polo que no ámbito local e no medio rural os beneficios son evidentes.

  • Aumento da biodiversidade. É unha produción que utiliza a biodiversidade natural como unha ferramenta imprescindible no manexo das leiras.

  • Diminúe a contaminación de augas subterráneas e solos pola utilización de fertilizantes orgánicos de baixa solubilidad empregados nas cantidades axeitadas. Ademais, como non se empregan pesticidas, contribúe a mellorar a calidade do aire.

Inconvenientes das hortalizas de produción ecolóxica

  • Aparencia física (cor, brillo ou tamaño, etc.). En xeral, os alimentos ecolóxicos resultan de calidade inferior neste sentido.

  • Conservación ou vida útil. É inferior respecto dos alimentos convencionais.

  • Prezo. Os alimentos ecolóxicos resultan máis caros debido a que os sistemas de produción son máis lentos e maiores as necesidades de man de obra.

  • Respecto do seu contido nutritivo, os produtos da agricultura ecolóxica, segundo os seus defensores, conteñen máis principios nutritivos que os procedentes de explotacións convencionais. Con todo, esta afirmación aínda non se demostrou porque non existen estudos concluíntes respecto diso.