Ir o contido principal
03

Consellos e técnicas culinarias

Consejos y técnicas culinarias :: Introdución

Introdución

O gran reto da cociña é converter en manxares suxestivos os alimentos, máis aínda nos casos nos que a dieta sofre limitacións. Si a persoa está enferma, o obxectivo é que non envexe o que non lle convén, e si o comensal limita o seu consumo de alimentos, a meta é suscitar o seu interese e conseguir que probe a receita que se preparou con tanto esmero. Para iso haberá que evitar a monotonía e facer uns pratos máis apetecibles, ben condimentados e cunha estupenda presentación.

Na educación de hábitos alimentarios non é suficiente a simple enumeración dun código de alimentos "prohibidos e permitidos". É imprescindible a esmerada elaboración culinaria. Uns pratos coidados, no seu punto, nos que se saca o máximo partido posible aos alimentos e ás combinacións entre eles. Para iso é preciso coñecer as diferentes técnicas culinarias que se poden aplicar aos distintos alimentos, neste caso concreto, as formas tan variadas de cociñar e preparar hortalizas. Hai que ter en conta as técnicas que máis conveñen a unhas e outras, así como as súas posibilidades de condimentación. E resulta fundamental coñecer os pasos previos ao cociñado das verduras: cultivo, compra, manipulación, conservación e limpeza.