Os nenos e as verduras

Introdución
A Enquisa Nacional de Consumo de Alimentos en Poboación Infantil e Adolescente (ENALIA), levou a cabo polo Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, a través de AECOSAN. Realizouse entre novembro do 2012 e novembro do 2014, a nivel nacional. Este estudo incluíu a 1862 nenos, nenas e adolescentes de entre 6 meses e 17 anos.
Esta enquisa pon de manifesto que o consumo de froitas e verduras entre nenos e adolescentes é insuficiente, xa que supón aproximadamente a metade da cantidade recomendada.
Un plan dietético equilibrado permite aos nenos alcanzar o seu crecemento e potenciais de desenvolvemento máximos. Ademais axúdalles a previr enfermidades importantes na idade adulta. Por tanto, hai que apostar por educar aos nenos en sabores diferentes e variados que lles permitan gozar dunha dieta rica, variada e saudable. É tarefa dos pais e nais no fogar, e dos profesionais de restauración colectiva no comedor escolar, inculcar bos hábitos alimentarios e transformar as comidas nun momento pracenteiro ao incluír variedade de alimentos no menú de cada semana.
