Verduras y hortalizas de la A a la Z:
Espárragos

Calendario de temporada
Curiosidades e como preparala
Os espárragos frescos consómense cocidos. Para iso, antes hai que lavalos e pelalos desde a punta até a base. Para cocelos engádese sal, azucre e unhas pingas de zume de limón á auga de cocción. É preferible utilizar un recipiente alto para que deste xeito as xemas non queden cubertas de auga. Férvense durante cinco ou dez minutos. Unha vez cocidos é conveniente deixalos arrefriar no mesmo caldo de cocción.
Pódese gozar do suave e delicado sabor deste vexetal cocido, frito, á brasa, asado, gratinado…Recoméndase que, á hora de servilos, estean quentes ou mornos, xa que si están fríos non se aprecia completamente o seu sabor.
Os espárragos trigueros resultan moi axeitados para facelos á prancha e utilizalos como acompañamento de pratos elaborados a base de alimentos tan variados como carne, peixe, arroz, pasta ou outros vexetais.
Uns ou outros poden engadirse a gran variedade de ensaladas frías ou tépedas ou formar parte dunha nutritiva menestra. Tamén se poden preparar sofritos e acompañalos con ovo, champiñones, xamón…ou enchelos de peixe e marisco, etc.
Unha das mellores formas de saborear estes deliciosos vexetais é acompañalos dunha salsa vinagreta ou un pouco de maionesa ou salsa rosa. É aconsellable que a salsa estea á mesma temperatura que os espárragos.
