Ir o contido principal
03

Consellos e técnicas culinarias

Consejos y técnicas culinarias :: A compra

A compra

Son numerosas as formas nas que se poden adquirir as hortalizas no mercado: frescas, en conserva, conxeladas, deshidratadas, encurtidas, listas para cociñar, listas para consumir, etc.

Para as hortalizas frescas existe unha norma de calidade que o consumidor pode esixir en calquera establecemento.

Os produtos deben venderse enteiros, sans, limpos, sen humidade, cheiros, cores ou sabores estraños. Estas esixencias son comúns a todas as categorías comerciais, que non hai que confundir co tamaño (son termos diferentes). 

Todas as hortalizas deben ir acompañadas de maneira obrigatoria dunha etiqueta na que apareza en letra visible e lexible,expresado polo menos na lingua española oficial do Estado, as seguintes indicacións:

  • Denominación do produto correspondente á norma de calidade.
  • Nome da variedade, caso de esixilo a norma.
  • Orixe do produto.
  • Categoría comercial, de acordo coa definición da súa correspondente norma (ausencia de defectos, uniformidade das pezas, etc.). Pódense utilizar cores aínda que non é obrigatorio: Vermello (Extra), Verde (Primeira), Amarelo (Segunda) e Branco (Terceira).
  • Calibre. Refírese ao tamaño e pode aparecer o diámetro de cada peza (en milímetros) ou o peso (en gramos).
  • Identificación da empresa co nome, razón social ou denominación do envasador ou importador e domicilio.
  • Número de rexistro sanitario (RSI).
  • Número de rexistro de Industrias Agrarias e Alimentarias.