Os nenos e as verduras

Froitas e verduras, cinco ao día
As verduras e hortalizas constitúen, xunto coas froitas, unha fonte primordial de vitaminas variadas, sales minerais, fibra e elementos antioxidantes. A deficiencia mantida de moitos destes nutrientes ten relación directa coa aparición e desenvolvemento dalgunhas das enfermidades crónicas de maior incidencia na idade adulta na actualidade: aterosclerosis, diverticulitis, colon irritable, osteoporose, anemias, cancro, etc.
Sen ir máis lonxe, as vitaminas son sustancias que no seu maior parte o organismo non pode sintetizar e, aínda que necesarias en moi pequena cantidade, a súa inxesta inadecuada pode producir alteracións funcionais, orgánicas e clínicas. Até hai uns anos ás vitaminas atribuíaselles un papel exclusivamente nutricional como elementos reguladores dos procesos metabólicos, entre outras funcións. Na actualidade destácase a súa influencia no freo do desenvolvemento da maior parte das enfermidades crónicas.
